RECOMENDACIÓNS PARA ACTUAR CO NENO DE ED. INFANTIL NA CASA

É importante, que os pais, proporcionen ó neno un bo modelo e as relacións entre pais e fillos deben basarse no respeto mutuo e na aceptación.

Hai que tratar de facer nenos seguros de si mesmos, responsables e autónomos e para elo hai que darlles un marxen de liberdade.

Necesitan ocasións para experimentar cousas por si mesmos.

Necesitan moitas actividades nas que poidan desenrola-la súa iniciativa e se vaian independizando dos pais.

Hai que evitar protexelos demasiado; a dependencia do neno será maior se lle expresades o voso afecto demasiado ou se o protexedes máis do necesario. Hai que deixarlle facer cousas por si mesmo e se o fai ben, facer comentarios favorables, alabalo de palabra e con xestos (sorrir, asentir) e animalo a facer outras cousas.

Cando o neno trate de conquistar autonomía e teña iniciativa, os pais deben ter unha actitude positiva nese afán do neno, valorar incluso os seus esforzos sen éxito, alabalo con franqueza e ensinarlle e deixarlle tomar decisións. Se o neno se sinte capaz aumentará a súa autoestima.

A influencia dos pais na conducta do neno é moi grande. Se o neno fai algo bó ou ben e os pais o recoñecen por medio de palabras e obras, él síntese animado a repetir esa clase de conductas. Pola contra, se fai algo malo, que os pais desaproban e castigan, él tenderá a non repetir esa conducta.

Cando non hai máis remedio que castigalo, sempre hai que explicarlle o que fixo mal e porqué é necesario o castigo. O castigo ten que ser inmediato (non a posteriori) e proporcionado. Tratar de non berrarlle nin de pegarlle. Os nenos copian e imitan o que ven. Hai que conseguir que o neno se porte ben a causa do cariño e non por medo.

Os pais que son cariñosos, consistentes, razoables, exixentes e respetuosos coas decisións dos seus fillos, teñen fillos sociables e independentes. Estos pais dan os seus fillos orientacións e establecen límites e o mesmo tempo os animan a desenrola-la iniciativa.

Tamén é importante non falar negativamente dél na súa presencia, nin comparalo con outros nenos.

Entre outras cousas, ó neno hai que ensinalo e deixarlle:
  • Para que adquira destreza nas mans, animalo a que debuxe, pinte, xogue con platilina, que recorte con tesoiras sen punta,...
Actividades que na convivencia diaria poden face-los pais:
  • No medio da lectura dun conto, facerlle preguntas que supoñan un esforzo imaxinativo, por exemplo: ¿que pasará despois...? ¿A onde pensas que irán agora...? ....
Por último lembre que a mestra ou o mestre son uns especialistas con experiencia na educación de nenos e está da súa parte para axudalos na educación do seu fillo/a. Acudan a eles sempre que teñan dubidas, preocupacións ou necesiten orientacións ou axuda.

venres 28 novembro 2008

En Educación | Sen comentarios | Permalink

Ola, benvid@ ao meu blog

Primeiro terei que presentarme:
son Miguel, non son precisamente un rapaz, pero tampouco un vello; vale, deixome de circunloquios ... teño 52 anos.
Cando tiña 20 anos diría que eu agora son un vello, pero que equivocado estaba, estou convencido que agora estou no mellor da vida.
Coa experiencia que teño disfruto máis das cousas.
Bueno non vou a filosofar nesta primeira nova, sigo a presentarme.
Vivo en Pontevedra hai o suficiente número de anos como para considerarme un pontevedrés máis e un afortunado por vivir nunha das cidades máis acolledoras, humanas  e tranquilas de Galiza; iso si son coruñes e a moita honra,Viva Couña , os coruñeses e O Depor.
Son mestre e traballo dende hai un ano nun cole da cidade. estou casado e teño unha filla de 15 anos, en plena adolescencia, que ben..
 si si que ben

Cando sepa crear unha galeria porei unha foto, intentei poñela agora mesmo pero esta máquina díxome que primeiro tiña que crear unha galería.. a ver si me entero de como facer iso.

Xa estou aquí de novo , xa subín un par de fotos , son istas:
Bueno creo que xa estou suficientemente presentado.
Vouno deixar por hoxe que son as 2 menos cuarto da madrugada e mañá hai que erguerse para traballar.

xoves 27 novembro 2008

En General | 1 comentario | Permalink