RECOMENDACIÓNS PARA ACTUAR CO NENO DE ED. INFANTIL NA CASA

É importante, que os pais, proporcionen ó neno un bo modelo e as relacións entre pais e fillos deben basarse no respeto mutuo e na aceptación.

Hai que tratar de facer nenos seguros de si mesmos, responsables e autónomos e para elo hai que darlles un marxen de liberdade.

Necesitan ocasións para experimentar cousas por si mesmos.

Necesitan moitas actividades nas que poidan desenrola-la súa iniciativa e se vaian independizando dos pais.

Hai que evitar protexelos demasiado; a dependencia do neno será maior se lle expresades o voso afecto demasiado ou se o protexedes máis do necesario. Hai que deixarlle facer cousas por si mesmo e se o fai ben, facer comentarios favorables, alabalo de palabra e con xestos (sorrir, asentir) e animalo a facer outras cousas.

Cando o neno trate de conquistar autonomía e teña iniciativa, os pais deben ter unha actitude positiva nese afán do neno, valorar incluso os seus esforzos sen éxito, alabalo con franqueza e ensinarlle e deixarlle tomar decisións. Se o neno se sinte capaz aumentará a súa autoestima.

A influencia dos pais na conducta do neno é moi grande. Se o neno fai algo bó ou ben e os pais o recoñecen por medio de palabras e obras, él síntese animado a repetir esa clase de conductas. Pola contra, se fai algo malo, que os pais desaproban e castigan, él tenderá a non repetir esa conducta.

Cando non hai máis remedio que castigalo, sempre hai que explicarlle o que fixo mal e porqué é necesario o castigo. O castigo ten que ser inmediato (non a posteriori) e proporcionado. Tratar de non berrarlle nin de pegarlle. Os nenos copian e imitan o que ven. Hai que conseguir que o neno se porte ben a causa do cariño e non por medo.

Os pais que son cariñosos, consistentes, razoables, exixentes e respetuosos coas decisións dos seus fillos, teñen fillos sociables e independentes. Estos pais dan os seus fillos orientacións e establecen límites e o mesmo tempo os animan a desenrola-la iniciativa.

Tamén é importante non falar negativamente dél na súa presencia, nin comparalo con outros nenos.

Entre outras cousas, ó neno hai que ensinalo e deixarlle:
  • Para que adquira destreza nas mans, animalo a que debuxe, pinte, xogue con platilina, que recorte con tesoiras sen punta,...
Actividades que na convivencia diaria poden face-los pais:
  • No medio da lectura dun conto, facerlle preguntas que supoñan un esforzo imaxinativo, por exemplo: ¿que pasará despois...? ¿A onde pensas que irán agora...? ....
Por último lembre que a mestra ou o mestre son uns especialistas con experiencia na educación de nenos e está da súa parte para axudalos na educación do seu fillo/a. Acudan a eles sempre que teñan dubidas, preocupacións ou necesiten orientacións ou axuda.

venres 28 novembro 2008

En Educación | Sen comentarios | Permalink






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado